Thursday 25 de April de 2024

Un total de 9 concellos da Comarca do Barbanza recibirán axudas da Xunta por valor de algo máis de 296.000 euros para promover a conciliación, previr e tratar a violencia de xénero


― Susana López Abella e Gonzalo Trenor informaron da resolución das axudas a concellos e outras entidades locais para potenciar a conciliación e a corresponsabilidade, a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero

― Destínanse máis de 216.000 euros a cinco Centros de Información á Muller da comarca

― Desde o ano 2015 a Xunta leva destinados a estes apoios máis de 36 millóns de euros

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, informaron do resultado da resolución das axudas a entidades locais que a Xunta de Galicia destinará este ano para fomentar e promocionar a igualdade. Na comarca do Barbanza esta cifra ascende a a algo máis de 296.000 euros para atender as demandas de nove concellos.

Como explicou Susana López Abella o Goberno galego financia actuacións de catro programas: (1) fomento da conciliación; (2) promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e tratamento da violencia de xénero; (3) apoio aos Centros de Información á Muller (CIM); e (4) o programa de sensibilización, información e difusión sobre a igualdade e prevención da violencia contra as mulleres.

O primeiro dos programas conta con máis de 45.000 euros cos que se apoian iniciativas de tres entidades locais para o fomento das medidas de conciliación.

A segunda liña, con máis de 17.000 euros, céntrase na promoción da igualdade e da prevención e tratamento da violencia de xénero en dúas entidades locais. Coa mesma a Xunta financia accións orientadas a previr a violencia de xénero e mellorar a situación persoal, social e laboral das mulleres vítimas, das súas fillas e fillos e das persoas delas dependentes s e doutras mulleres en situación de vulnerabilidade. Estes apoios inclúen medidas de loita contra a explotación sexual, incluída a prostitución.

A terceira liña ten como obxectivo apoiar a rede de centros de información ás mulleres (CIM), integrada actualmente por cinco centros que dan cobertura a seis concellos. O Goberno galego apoia o financiamento dos postos de traballo dos CIM e dos axentes de igualdade ou de fomento do traballo en rede e de dinamización do territorio con enfoque de xénero, destinando a este programa máis de 218.000 na comarca do Barbanza.

A cuarta liña céntrase na posta en marcha de medidas de sensibilización, información e difusión sobre a igualdade e prevención da violencia contra as mulleres. Na convocatoria deste ano destinaranse máis de 15.000 euros euros para tres entidades locais con cargo aos fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

A Xunta leva investidos nestes programas, en toda Galicia, desde o ano 2015 máis de 30 millóns de euros, o que permitiu axudar a máis de 50.000 mulleres e 17.500 familias.

SOLICITANTE Concellos agrupados

/mancomunados

CONCELLOS  CIM CONCEDIDO (2021/2022)  PROMOCIÓN

IGUALADE

 CONCILIACIÓN  SENSIBILIZACIÓN CONCEDIDO CONCELLOS  
A POBRA DO CARAMIÑAL   1      12.000€    15.000€        27.000, €  
BOIRO   1      39.690€            39.690 €  
CARNOTA

 

CONTABILIZADO CON MUROS 0   5.353€ 15.000€ 3.909€ 24.262€      24.262,04 €
LOUSAME   1        15.000€      5.880€      20.880 €  
MAZARICOS   1            5.989 €         5.989,€  
MUROS Carnota 2      44.461€            44.461 €  
NOIA   1      44.00 €            44.000 €  
OUTES   1      45.000 €            45.000 €  
RIBEIRA   1      45.000 €            45.000 €  
TOTAL 9 218.151 € 17.353 € 45.000 € 15.778 € 296.282 €